OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense reúnese con colectivos memorialistas da provincia

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, vén de manter unha xuntanza con representantes das Asociacións Memorialistas do Val da Limia, de Celanova, e de Amigos da República.

Eladio Santos informounos da recente publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do Acordo da Secretaría de Estado de Memoria Democrática polo que se dispón a apertura dun periodo de información pública no procedemento de declaración como Lugar de Memoria Democrática do Campo de Aragón, en Ourense. En paralelo, os colectivos puxeron sobre a mesa novas declaracións de outros espazos.

Back to top button