
O vindeiro sábado 7 de novembro, a partir das 20:00 horas, Viana do Bolo celebrará o seu tradicional magosto. Será no Campo da Feira e haberá bullotes, bolos preñados, bica, auga, viño, refrescos, queimada. Ademais a festa estará animada pola Charanga Alegría. Para participar será preciso achegar un donativo de 10 € (os menores de 6 anos terán entrada de balde).
A venda anticipada de entradas manterase ata o mércores 4 de novembro nos seguintes establecementos: Bar Emigrante, Bar Dani e Bar Chías. Tamén se pode facer reserva no teléfono 686 534 935.
No magosto haberá varios sorteos de produtos co número da entrada ao magosto. Será organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Bibei coa colaboración do Concello de Viana do Bolo.
