OurenseÚltima hora

Unha persoa ten que ser excarcerada tras saírse da vía co seu turismo en Melón

 

Na noite do sábado 24 de outubro unha perso tiña que ser excarcerada tras unha saída de vía en Melón. Tal como indican dende o 112 Galicia, o accidente tiña lugar  un cuarto de hora antes das 22 horas, explicando que segundo o particular que contactou co servizo de emerxencias “un turismo saírase da A-52 no quilómetro 265, cunha persoa ferida no interior”.

Rapidamente, desde o 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, ao GES de Ribadavia e á Garda Civil de Tráfico.

“Os membros do GES tiveron que empregar o material de excarceración para que a persoa, única ocupante do vehículo que estaba envorcado logo do accidente, puidese saír. O ferido tivo que ser trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia”, conclúen dende o 112.

Back to top button