CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Táboas no Campiño de Viloira entre o CD Barco “B” e o Toén FS

 

Cun empate a dous se resolvía o partido de Segunda Futgal disputado na tarde deste domingo 35 de outubro entre o CD Barco “B” e o Toén FS.

O marcador do encontro, que se xogaba no Campiño de Viloira, abríase co primeiro gol visitante no minuto 17, rematando a primeira parte co 1-0. Tralo paso polo vestiario, os locais empataban co gol de Britez no minuto 49. No 64′ Ayoub adiantaba aos vermellos pero cerca xa do final, no minuto 84, o Toén marcaba o gol do empate (2-2).

Na mesma categoría e grupo xogan o CD Rúa que vencía 4-2 ao Rocas en casa, no campo Vicente Solarat Maceda; e o CD Viana que tamén vencía, 2-3, na súa visita ao campo do Paderne.

Fotos cedidas.

Back to top button