ConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida nunha saída de vía na N-120 ao seu paso polo Barco

 

Ás 7h. da mañá deste 26 de outubro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120, en concreto no punto quilométrico 453, ao seu paso polo Barco. Un vehículo saíase da vía, resultando ferido o seu condutor e único ocupante, segundo informa o 112 Galicia, quen matizaba que foi precisamente esa persoa unha das que chamaba para alertar do suceso, indicando que non estaba atrapado.

De inmediato desprazábanse ata o lugar unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras. Tamén se deu aviso aos bombeiros do parque comarcal e a Conservación de Estradas.

A persoa ferida era trasladada ao hospital para recibir atención sanitaria.

Back to top button