CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives gaña 4-0 ao Atlético Trelle e mantense invicto unha xornada máis

 

Catro de cinco. Son as vitorias que consguían os equipos do CD Trives na fin de semana. Os benxamíns de Futsal vencían 2-4 ao E.D.C. Verín cos goles de Marco Álvarez (2), Martín Hervella e Izan. Pola súa banda, os alevíns de F-7 gañaban o seu partido contra os da E.D.C. Celanova 2-5 cos goles de Adrián Pérez (3) e Dani Estévez (2).

 

 

Subindo de categoría en fútbol os infantís goleaban (o-9) á E.D. Terras de Maside, marcando para o Trives Hugo (3), Adrián Vázquez (2), Nico Conde (2), Iago García e Edi; sendo os cadetes os únicos que perdían 1-4 contra o CD Barco co solitario gol de Ricardo, sendo sétimos na clasificación.

E xa con respceto ao equipo sénior gañaba con contundencia 4-0 ao Atlético Trelle no campo do Agro, cos goles de Brais Díaz (2), Alberto e Lucas, manténdose así unha semana máis invicto, sen ningún gol encaixado e 28 a favor, terceiros na clasificación cun partido menos.

 

 

Os infantís e os alevíns van de segundos; e os benxamíns de líderes. Os tres invictos.

Fotos cedidas.

Back to top button