
O vindeiro 7 de novembro realizaranse na área recreativa do Aguillón, na Rúa, as dúas últimas da liga galega de orientación 2026.
Pola mañá, a partir das 10:30 horas, celebrarase o Campionato Galego de Orientación en MTB-O; e pola tarde, a partir das 16 horas, a 6ª e última proba da liga sprint 2026, na que se darán cita os mellores orientadores galegos. Ademais, tal como avanzan dende o club OUR-O, tamé haberá circuítos de iniciación para os non federados.
As inscricións pecharanse o 1 de novembro ás 23:50 horas.


Máis información en fegado.es.