CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Chamativas e orixinais propostas no II Concurso Familiar de Cabazas Samaín do Colexio Divina Pastora do Barco

 

O colexio Divina Pastora puxo en marcha o II Concurso Familiar de Cabazas Samaín 2026, unha iniciativa organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración coa ANPA.

 

 

“A actividade convidou a alumnado e familias a deixar voar a imaxinación e a creatividade coa elaboración de cabazas decoradas, apostando pola orixinalidade e polo uso de materiais reciclados e artesanais”, explican dende o centro escolar.

 

 

Trátase dunha proposta para “gozar do Samaín en familia, fomentar as tradicións galegas e compartir o talento artístico de toda a comunidade educativa”, din dende o Divina Pastora, adiantando que o xoves coñecerase aos gañadores.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button