En portadaÚltima hora

O proxecto “Saberes e Sabores” xurde para impulsar o patrimonio gastronómico, a dinamización rural e o produto de proximidade

Esta iniciativa de desenvolvemento territorial conta coa participación dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, Terras de Compostela, Asdecomor, Adercou, Sil-Bibei-Navea e Miño Ulla

 

O proxecto “Saberes e Sabores” do territorio bota a andar de xeito oficial como unha aposta estratéxica pola recuperación do patrimonio inmaterial, a proxección dos produtores locais e a dinamización sustentable do medio rural. A iniciativa nace coa vontade de “reforzar as sinerxÌas entre produción local, alimentación colectiva, educación alimentaria, sustentabilidade e patrimonio cultural, promovendo un modelo de cooperación territorial estable que permita fortalecer o tecido produtivo local e consolidar novas dinámicas de colaboración entre produtores, centros educativos, colectividades e comunidade local”, tal e como indican os seus promotores.

“Saberes e Sabores” ten como eixe principal a preservación do patrimonio, mediante a documentación e recuperación de receitas, técnicas e saberes tradicionais transmitidos entre xeracións, combinada coa mellora da visibilidade do tecido produtivo local e do consumo de produtos de proximidade (km 0).

Así mesmo, o proxecto fomenta a dinamización socioeconómica, promovendo un modelo de turismo sustentable e xerando novas oportunidades que contribúan de xeito efectivo a fixar poboación no territorio. Para acadar estes obxectivos, “Saberes e Sabores” artéllase a través da cooperación interterritorial dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, Terras de Compostela, Asdecomor (Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes), Adercou (Asociación de Desenvolvemento Rural Comarca de Ourense), Sil-Bibei-Navea e Miño Ulla.

No marco destas accións conxuntas, xa están programados os primeiros encontros participativos, xornadas e obradoiros en territorios como Sil-Bibei-Navea, Miño Ulla e Adercou, nos que se reunirán produtores, profesionais da hostalaría e veciñanza para afondar na transmisión dos saberes culinarios e no apoio aos elaboradores locais.

No caso do GDR Sil-Bibei-Navea o proxecto incluirá actos en Viana do Bolo e Castro Caldelas, tal e como adianta esta entidade.

Esta actuación conta co apoio da Xunta de Galicia e atÛpase cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) a través do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a estratexia LEADER.

 

Back to top button