Téñeno complicado pero na noite deste xoves 29 de outubro o Auriense CA que milita no grupo sur da Preferente Futgal xa fixo historia, medíndose ao mesmísimo RC Deportivo da Coruña na primeira eliminatoria da Copa do Rei. Faino no campo ourensán do Couto ante centos de afeccionados ao fútbol que seguen o partido minuto a minuto.
A media tarde xa comezaba a haber ambiente na contorna do estadio, con inchábeis para os nenos, e pouco antes das nove da noite, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense saltaba ao céspede para interpretar o himno galego e de seguido, tras un minuto de silencio polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo, comezaba o partido.



O Auriense, chegaba a esta rolda copeira tras proclamarse campión da Supercopa de Galicia e superar na rolda previa ao CD San José de Soria. Os coruñeses adiantábanse no marcador co primeiro gol no minuto 45, chegando ao descanso co 0-1 no Couto.

Fotos: O SIL e cedidas.