En portadaÚltima hora

Numerosas persoas reúnense no cemiterio do Barco para conmemorar o Día de Todos os Santos

 

Multitude de persoas congregábase esta tarde para asistir á celebración do Día de Todos os Santos no cemiterio municipal do Barco. Dende hai días a veciñanza preparaban con esmero e engalaba con multitude de flores e plantas os sepulcros dos seus familiares para esta data tan significativa.

A celebración relixiosa, oficiada polo párroco do Barco, Jesús Álvarez, iniciábase ás catro e media e no seu decurso o sacerdote sinalaba que esta data está dedicada á “santidade anónima” e facía unha mención especial ás persoas falecidas durante o último ano no Barco, citando, un a un, os seus nomes e apelidos. Tamén pedía de xeito especial polas vítimas do recente accidente ferroviario de Urda (Toledo) e polas súas familias.

 

 

A misa finalizaba cun reponso do sacerdote por cada unha das partes do cemiterio barquense.

Para a regulación do tráfico, tanto na chegada ao cemiterio como na saída, contábase coa Policía Local e co GES Valdeorras.

Fotos: O SIL.

Back to top button