Arredor de 30 cativos e cativas acompañados polas súas familias, participaban na mañá deste domingo 1 de novembro nas actividades de Samaín programadas polo Concello do Barco, levadas a cabo nas dependencias da Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán.
O programa, obradoiros de pintacaras, tatuaxes e creación de amuletos de Samaín e Contacontos: “Unha verdadeira Bruxa”, estaba previsto inicialmente para o venres 30 de outubro, pero fora adiado con motivo da declaración de loito oficial durante os días 29, 30 e 31 por mor do accidente ferroviario en Toledo.
Fotos cedidas.