EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Luis e Alejandro Paadín abordarán “A domesticación da videira e as orixes da viticultura” nunha cata con conferencia

Terá entrada libre e está prevista para o vindeiro 13 de novembro ás 19h. no Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia

 

O Museo do Viño de Galicia acollerá o vindeiro 13 de novembro ás 19h. unha nova actividade na que combina divulgación e cultura vitivinícola. Trátase da cata con conferencia “A domesticación da videira e as orixes da viticultura”, que será impartida por Luis e Alejandro Paadín.

Nela respostarán a cuestións como cando e como comezou a historia do viño. Esta conferencia-cata propón unha viaxe de 11.000 anos para descubrir as orixes da viticultura, desde a domesticación da vide no Mediterráneo oriental e no Cáucaso ata as primeiras fermentacións en Shulaveris Gora (Xeorxia) e a adega máis antiga coñecida, en Areni-1 (Armenia). Será un percorrido polos primeiros capítulos da historia do viño para coñecer a evolución dunha cultura milenaria dende o Museo do Viño de Galicia, situado no lugar de Camporredondo, en Ribadavia.

A entrada será de balde ata completar capacidade.

 

Back to top button