ConcellosRubiáÚltima hora

A III Festa da Matanza de Rubiá celebrarase o 28 de novembro no pavillón municipal

A venda de entradas estará aberta ata o 18 de novembro en Librería Teresita, Súper Trastos e Farmacia Rubiá

II edición da Festa da Matanza de Rubiá./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Cambio na data para a Festa da Matanza de Rubiá que neste 2026 celebrará a terceira edición o sábado 28 de novembro no pavillón municipal. O lugar xa o cambiaran o ano pasado (a I edición tiña lugar nunha carpa na praza do Concello), debido en certa medida ao aumento de asistentes, duplicando o número ata os 530 comensais.

O que tampouco cambia é o horario, a partir das 14 horas; nin o menú, formado por un cocido completo de matanza. O prezo da entrada sobe ata os 25 euros para adultos quedando en 10 para menores de 5 anos. Con cada entrada os asistentes participarán no sorteo de tres lotes de produtos de matanza.

Organizado polo Concello de Rubiá, a venda de entradas estará aberta ata o 18 de novembro en Librería Teresita, Súper Trastos e Farmacia Rubiá.

 

Back to top button