BoxeoDeportesÚltima hora

Ramón Núñez (Kickboxing Valdeorras) loitará no Barco polo cinto de campión galego K1 neoprofesional

A velada MFC 056 disputarase o 28 de novembro no Pavillón Vello e contará con catro loitadores barquenses

 

Volve a velada a Valdeorras. O vindeiro sábado 28 de novembro a partir das 20:30 horas celebrarase no Pavillón Vello do Barco unha nova edición dos Deportes de Contacto, MFC 056. Un evento mixto de K1 e MMA no que participarán catro loitadores barquenses adestrados polos irmáns Pardo, Juan e Luis, nas instalacións do Ximnasio VALSPORT.

 

 

En MMA, por parte do Graíño Team O Barco, competirán tres loitadores: Brián Guaita -76 kilos, que disputará a súa segunda pelexa, tras ganar por KO no segundo asalto no seu debut; Alejandro Menéndez -64 kilos, lopitador polivalente tanto nas disciplinas de K1 como MMA; e  Felipe Morales -75 kilos, que terá a súa terceira pelexa en MMA, “tamén ten disputado combates tanto en Boxeo como en K1”, puntualizan dende o club.

 

 

E como prato forte da noite, en K1 -63 kilos Ramón Núñez (Club Kickboxing Valdeorras) disputará o Campionato Galego Neoprofesional contra o actual campión, un experimentado Rodrigo Pires (Club Kickboxing Valdeorras) ao que intentará arrebatarlle o cinto.

 

Back to top button