CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Brais Prados González, novo adestrador do CD Barco

O técnico é profesor de Educación Física no CEIP Condesa de Fenosa

 

Era cuestión de tempo que Agustín Ruíz volvese á que considera a súa casa, como adestrador no club que naceu das cinzas do seu ben querido CD Ourense, por iso no Centro de Deportes Barco estaban xa coa mosca detrás da orella e non tardaron en atoparlle substituto.

Apenas catro días despois de anunciar a baixa de Ruíz, o CD Barco anuncia a Brais Prados como novo adestrador. Un xove cunha gran formación e traxectoria que colle as rendas do equipo de Terceira Federación  xusto despois da xornada 10, con moita liga por diante.

Adestrador coa titulación máxima (Técnico Deportivo Superior, Nivel III) e sete tempadas con licenza na RFGF, o lucense Brais Prados González (Outeiro de Rei, 1994) estivo dirixindo equipos de fútbol base no CD Lugo (Liga Nacional Xuvenil) e de categoría sénior en Preferente (Sarriana SD, Atlético Escairón e Sigüeiro FC).

No seu papel como docente, dende o 2022 é profesor de Educación Física en centros públicos, actualmente e con destino definitivo no CEIP Condesa de Fenosa, polo que a vila barquense non lle é descoñecida.

 

Back to top button