
Tres menores e un adulto tiñan que ser trasladados tras unha colisión entre dous vehículos en Trasmiras, tal como indican dende o 112 Galicia, puntualizando que o accidente produciuse na OU-1107, á altura de Vilar de Lebres, “e estiveron implicados un taxi e outro turismo que circulaba en sentido contrario”.
O 112 Galicia recibía o aviso contra as 9 horas a través do sistema eCall dun dos vehículos implicados. “Segundo a información facilitada, o accidente tivo lugar no quilómetro 11 da estrada OU-1107”, explican, indicando que desde a sala de operacións do 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Xinzo e á Garda Civil de Tráfico.
“Como consecuencia do accidente, os tres menores e o adulto que viaxaban nun dos vehículos foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, conclúen dende o 112.