EconomíaEconomíaÚltima hora

Nace OURIZO, a I Feira Monográfica da Castaña e do Souto de Forcarei, prevista para o 5 de decembro

O sábado 5 de decembro de 2026, Forcarei acollerá a primeira edición de OURIZO, Feira Monográfica da Castaña e do Souto de Forcarei (Pontevedra), unha cita dedicada á castaña, ao castiñeiro e ao souto.

“A feira nace coa vontade de poñer en valor un produto e unha paisaxe que forman parte da identidade de Galicia, e de crear un espazo de encontro arredor da cultura do souto”, segundo os seus promotores.

O nome do certame, OURIZO, fai referencia á envoltura espiñenta que protexe a castaña no castiñeiro, e foi escollido como símbolo dunha feira que quere coidar e dar valor ao que é noso.

A organización está a pechar o programa de expositores e actividades, que se dará a coñecer nos vindeiros días.

Back to top button