
A segunda xornada de Xantar acollía a gala de Entrega dos Premios de Radio Turismo, “Pratos de Ouro” a restaurantes das 4 provincias galegas e os “Gorros Brancos” a cociñeiros de Galicia e Portugal.
No evento, celebrado na tarde deste venres 20 de novembro, premiouse a un restaurante por provincia a excepción de Ourense onde foron dous os premiados por celebrarse a gala en Expourense. Así pois, foron premiados co Prato de Ouro 2026 o Mesón O Ribeiro (Zona Viños de Ourense) e o Restaurante Muiñeiro (A Valenzá, Barbadás).
No referente aos Gorros Brancos foron recoñecidas catro cociñeiras e un cociñeiro:
-
- María Otilia Docampo Estévez, do Restaurante Mantesil (A Rúa).
- Ana Belén Fernández Rodríguez, Restaurante O Lar do Leitón (Ourense).
- María Francisca Gomes Fernandes, do Restaurante del Balneario de Cortegada (Ourense).
- Normanda Costa, de Quinta do Paço – Vila Real (Portugal
- Jorge Rama – Restaurante Enxebre – Louro, Muros – A Coruña).
Mantesil é o restaurante que representa a Valdeorras nesta edición de Xantar, con dous menús. O primeiro ten como protagonista un tradicional e completo cocido, mentres que o segundo permite elixir entre distintas elaboracións, entre as que destaca o arroz con androlla. Ambas as propostas inclúen unha degustación de sobremesas típicas da comarca e estarán acompañadas de viños do D.O. Valdeorras.