
A Unidade Orgánica da Policía Xudicial (UOPX) de Ourense da Garda Civil, no marco da “Operación Ziralla”, vén de desarticular un grupo organizado especializado no roubo de vivendas habitadas en Galicia. A investigación iniciouse o pasado día 30 de novembro do actual, en razón de 6 roubos cometidos na provincia de Ourense. A detención produciuse o pasado día 18 de novembro na provincia de Pontevedra, os agora detidos sortearon ata en dúas ocasións diferentes, ás Unidades de Intervención de la Garda Civil.
O grupo organizado agora detido empregaba vehículos compactos de gran cilindrada. O día da súa detención, dous vehículos de la Garda Civil resultaron danados ante a arremetida do vehículo no que viaxaban os detidos.
A este grupo organizado, atribúenselles preto de 20 roubos en vivendas nas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña.
O seu modus operandi consistía, segundo informa a Garda Civil, “en seleccionar previamente vivendas unifamiliares tipo chalé, situadas en urbanizacións ou zonas residenciais tranquilas. Actuaban sempre en horario nocturno, aproveitando as primeiras horas tras o anoitecer para perpetrar varios asaltos en distintos inmobles durante unha mesma xornada. Despois de cometer os presuntos feitos delituosos ocultábanse nunha zona agreste de difícil acceso nun monte, situado na provincia de Pontevedra, utilizando para pernoitar unha tenda de campaña”.
Puidéronse recuperar diversas xoias, algunhas de las cales foron recoñecidas polos seus lexítimos propietarios. Tamén se interviñeron diversas ferramentas empregadas nos feitos obxecto de investigación, diferentes placas de matrícula dobradas que intercambiaban de xeito constante para dificultar a súa identificación e localización, así como máis de 5.000 €.