OurenseÚltima hora

A 15K Nocturna Ourense celebrarase o 23 de marzo cun marcado carácter solidario

 

A 15K Nocturna Ourense celebrará unha nova edición o vindeiro 28 de marzo, consolidándose como “unha das probas nocturnas de referencia no calendario galego”. A carreira terá nesta ocasión un fin solidario, destinando parte das inscricións para apoiar a Ian, un neno que convive con Hemiplexía Alternante da Infancia, unha enfermidade ultrarrara e sen cura.

A proba contará coas súas distancias habituais, ofrecendo opcións para todo tipo de participantes: 15km, 5km e andaina de 12km. O percorrido partirá desde a Ponte Romana de Ourense e finalizará no Centro Comercial Ponche Vella, nun trazado nocturno que combina deporte e espectáculo no corazón da cidade.

 

 

Todos os participantes, tanto das modalidades 15K e 5K como da andaina, recibirán unha camiseta conmemorativa desta edición. No apartado solidario, a organización doará parte de cada inscrición para colaborar coa causa de Ian e dar visibilidade á Hemiplexía Alternante da Infancia. Ademais, habilitarase unha Fila 0 para aquelas persoas que desexen realizar achegas adicionais.

Con esta iniciativa, a 15K Nocturna Ourense reafirma o seu compromiso co deporte e a solidariedade, convidando a corredores e camiñantes a participar nunha noite única na cidade.

Back to top button