
A celebración deportiva de San Xoán, con pancetada e Andaina Popular, que acostumaba celebrarse en Viloira (O Barco) e pola vila do Barco, pasará este ano á localidade de Éntoma. Será organizada polo Concello do Barco coa colaboración da Comisión de Festas de San Xoán na tarde-noite do 21 de xuño na Pista Deportiva de Éntoma.
O venres 21 de xuño ás 20:30 horas será a Carreira Infantil, e ás 21:00 horas a Andaina Popular, ás 22h haberá unha pancetada popular para todos os participantes, coa entrega de premios. A continuación, o DJ Tariro amenizará o primeiro baile das Festas de San Xoán de Entoma, que comezan ese mesmo día.
Haberá dous circuítos sinalizados, un para nenos e nenas (ata 6 anos), e a andiana popular, de 3,5 quilómetros de lonxitude. Para poder ter dereito a participar na pancetada e nos agasallos, será preciso facer inscrición previa. As inscricións e recollida de dorsais, para a que se precisan o nome, apelidos e data de nacemento, debe realizarse entre o 17 e o 21 de xuño, no Departamento de Deportes do Edificio Multiusos, de 10 a 14 horas. Tamén pode facerse a través do mail deportes@concellodobarco.org, achegando os mesmos datos (nome, apelidos e data de nacemento).
Os que desexen participar na andaina, pero sen pancetada nin agasallos, poden inscribirse o mesmo día da carreira na oficina que haberá en Éntoma, de 19,30 a 20,30 horas.
Premios:
OBRIGATORIO: pasar polo FOTOCOL instalado na Pista, de 19:30 a 20:30, para inscribirse e sacarse unha foto.
Individuais:
Agasallos para todos os/as nenos/as
Mellor disfraz de San Xoan:con material deportivo.
Ao camiñante máis novo/a:material deportivo.
Ao camiñante máis veterano/a:material deportivo.
Colectivos:gran cesta de produtos tradicionais
Asociación (+ asociados)
Empresa (+ empregados)
Club deportivo(+ deportistas)
Mellor disfraz colectivo de San Xoán
