Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A 9ª Andaina Popular do San Xoán, prevista para o 23 de xuño, volve á praza de Viloira (O Barco)

Imaxe dunha edición anterior da andaina en Viloira./ Foto: A.R.

 

Camiñando celébrase o San Xoán no Barco. Na tarde do vindeiro 23 de xuño terá lugar a 9º edición da Andaina Popular de San Xoán, que tras a pasada edición en Éntoma, agora volta á praza Otero Pedrayo de Viloira. Están previstas dúas probas: unha para os nenos ás 20:30h. e outra popular con saída ás 21h. cun traxecto de 6 km.

Despois haberá pancetada popular e non faltarán tampouco agasallos e premios para os participantes. As inscricións poderán realizarse no Departamento de Deportes do Concello do Barco (edificio Multiusos, segundo andar) ou ben o mesmo día da proba (neste caso non se reserva pancetada nin inclúe sorteo de agasallos).

 

Back to top button