Co fin de visibilizar a aportación á historia do audiovisual galego de actores e actrices a fundación AISGE outorga o Premio AISGE no marco do Ourense Film Festival (OUFF). Nesta 29º edición do certame o galardón será para a actriz de imaxe e dobraxe de Monforte de Lemos Aurora Maestre.
A actriz fíxose popular para os espectadores galegos polo seu icónico papel de matriarca de impoñente presenza escénica, dona María de Lantaño, na exitosa serie Rías Baixas, que mostraba os conflictos dunha familia galega, produtora de viño, na súa loita por unha gran herencia. A delegada de AISGE en Galicia, Isabel Blanco, entregará o recoñecemento na gala de inauguración do OUFF, o próximo 27 de setembro.
Maestre festexará así 50 anos de traxectoria profesional, que pasou entre o audiovisual e radio. En 2021 recibiu o Premio AISGE Mellor Interpretación Femenina no propio OUFF polo seu papel na curta Xoves de Comadres, de Noemí Chantada. Na actualidade traballa coa directora de orixe galega Carla Simón no seu novo filme Romería.