CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

A actuación de Mocedades abre as Festas da Encarnación en Sobradelo

 

Na xornada deste sábado 11 de abril arrincaban as festas patronais de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) na honra da Virxe da Encarnación.

Facíao pola mañá coa alborada e pasarrúas do grupo de música tradicional Raiola de Son aínda que era xa de tardiña cando chegaba o prato estrela, o recoñecido grupo Mocedades, que presentaba en Sobradelo a súa xira de 50 aniversario cun concerto que reunía a numeroso público.

 

 

Corría o ano 1967 en Bilbao, cando uns estudantes seguidores da música folk, dos espirituais e, como a maioría, tamén dos Beatles, decidían unirse para formar un grupo musical que en principio chamouse Voces e Guitarras. Así pasaron un ano actuando preto do seu lugar de orixe, ata que un bo día decidían gravar unha cinta de cassette e enviala por medio dun amigo a unha compañía de discos en Madrid. Foi así como esa cinta chegou a mans de Juan Carlos Calderón que inmediatamente se interesou por eles e converteuse no seu produtor durante máis de 11 anos.

 

 

Así iniciaban a andaina como Mocidades, tendo os seus mellores éxitos, tales como Eres tú que se presentou no festival de Eurovisión no ano 1973, quedando en segundo lugar. Cincuenta anos despois, tras numerosos cambios na agrupación, iniciaban unha xira co nome dese éxito, co que percorreron toda a xeografía chegando ata Valdeorras nun concerto patrocinado pola Xunta de Galicia.

O broche á xornada do sábado poráse cunha gran verbena a cargo do grupo América SL.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button