SanidadeÚltima hora

A AECC instalará o 8 de agosto no Bolo unha mesa informativa polo Día da Cuestación

Imaxe da mesa informativa instalada o pasado ano no Bolo./ Cedida.

 

Un verán máis, a Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Valdeorras volverá contar cunha mesa no Bolo para celebrar o Día da Cuestación. Será o vindeiro 8 de agosto en horario de 11h. a 13h., aproximadamente, e instalarase fronte á oficina de Abanca nesta vila.

O Día da cuestación foi en maio pero, pero dado que o día 8 é a feira grande da localidade dende hai xa uns anos acordábase aprazala no Bolo e poñela en agosto “para que haxa máis  afluencia de xente”, din dende dende a asociación.

Na mesa daranse a coñecer os diferentes servizos da asociación e tamén haberá huchas para recadar fondos.

Back to top button