A Agrupación Musical da Limia marcaba a banda sonora desta mañá do día do Cristo no Barco. Tras facer un percorrido pola vila, acompañando aos cabezudos e as Calantornias, incorporábase á procesión do Cristo, durante a cal interpretaba diversas marchas.
Ademais tras a misa maior, a partir das 13:45h., ofrecerá un concerto no Malecón (nas proximidades de Correos).
Fotos: A.R.