
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense.
Nesta xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, abordáronse diferentes actuacións en materia de urbanismo e infraestruturas, de interese para este municipio ourensán.
O departamento que dirixe María M. Allegue continúa colaborando cos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.