
Os veciños da pequena aldea de Fonteita, no municipio de Chandrexa de Queixa, celebraban a segunda edición de “Cine de verán” na noitiña do 8 de agosto.
Trátase dun singular evento xestionado pola propia veciñanza e no que non falta a máquina de flocos, bebidas e, este ano, tamén chocolate.

É unha iniciativa pequeniña, pero cun gran simbolismo e que non fai máis que demostrar que, se se quere, pódese, e hai mil xeitos de aportar para facer do rural un lugar vivo. A organización agradece a todos os veciños a súa implicación neste evento.
Fotos cedidas.
