Parece que foi onte cando remataban as clases e o novo curso está xa á volta da esquina. En concreto será o 8 de setembro cando inicien as clases do curso escolar 2025/2026 e dende a ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín de Valdeorras queren darlle a benvida dun xeito especial.

O vindeiro venres 29 de setembro celebrarase o Vila Fest, “pre-volta ao cole”, unha xornada con actividades gratuítas (excepto o xantar que se pode reservar en Villa Chicana) na área recreativa do Bañadoiro (piscinas e arredores) de 12 a 20 horas.
Haberá obradoiros, inchábeis acuáticos e terrestres, festa da escuma,… e quen queira poderá facer unha achega voluntaria para colaborar coa Asociación de Nais e Pais.