
O Hospital Universitario de Ourense vén de poñer en funcionamento os novos espazos habilitados na área de consultas externas de Cirurxía Vascular e Endocrinoloxía -na planta baixa do edificio Santa María Nai- que permitiu habilitar novas salas asistenciais, de espera, docentes e administrativas.
As obras de reforma permitiron modificar a distribución e habilitar unha consulta adicional de Cirurxía Vascular para instalar un dos dous novos equipos de eco-doppler, unha proba que facilitará a valoración clínica e a exploración diagnóstica poidan realizarse nunha mesma visita, avanzando cara a unha atención máis resolutiva e de acto único.Tras a actuación, este servizo pasa a dispoñer de catro consultas.
A reorganización inclúe tamén o traslado e a reforma da sala de espera dos pacientes dos servizos vascular e endocrinoloxía, que dispoñen agora dun espazo con luz natural e mellor orientación, nunha posición central para facilitar o acceso dos pacientes.

Unha nova sala para formación e educación diabetolóxica
No espazo que ocupaba a anterior sala de espera habilitouse nunha nova sala de docencia, con equipamiento equipo audiovisual e conexións de rede. Esta incorporación amplía a dispoñibilidade de salas do Hospital Universitario de Ourense para acoller a súa crecente actividade formativa.
A súa ubicación na área de consultas de endocrinoloxía facilitará o desenvolvemento de sesións grupais e outras actividades con pacientes da Unidade de Educación Diabetolóxica do Servizo de Endocrinoloxía, dedicada á formación e ao apoio das persoas con diabetes no manexo da súa enfermidade.
Por último a reforma, deseñada e supervisada polos técnicos de obras, mantenento e sistemas da Área Sanitaria completouse coa habilitación dunha nova área de traballo administrativo e de xestión, con tres postos e comunicada con ambos servizos.
Paralelamente, continuando coa centralización no Hospital Universitario de Ourense das áreas de consultas e administración no Santa María Nai, tamen se ultiman os detalles para a posta en funcionamento dunha área totalmente renovada de Saúde Mental, que inclúe un novo Hospital de Día.