Mantense claramente un descenso no número de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe os concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Así, neste luns contabilízanse nela un total de 53 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 25 menos que o pasado venres, cando se facían públicos os anteriores datos.
Por concellos, Manzaneda ten 12 casos activos (6 menos que o venres), San Xoán de Río sitúase en 4 (1 menos que o pasado venres); mentres que Trives baixa a 37 positivos, 18 menos que onte.