SanidadeÚltima hora

A Área do PAC de Trives mantense en 30 positivos por Covid

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Estabilidade no total de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Neste mércores 5 de xaneiro rexistra un total de 30 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que a mesma cifra máis que o pasado luns.

Así Manzaneda ten 3 positivos (a mesma cifra que o pasado luns) e mantense como o concello do PAC con menor número de casos activos. Aínda así, esta mañá o Concello de Manzaneda informaba a través das redes sociais de que “de estes 3 casos, 2 xa recibiron a alta médica: un o 31 de decembro e outro este luns. Polo tanto, temos un caso activo neste momento”.

Pola súa banda, Trives baixa a 20 positivos, o que supón 2 menos que o pasado luns; e San Xoán de Río sitúase en 7 positivos, 2 máis que o pasado luns.

Tendo en conta a cifra de casos, o Concello de San Xoán de Río acordaba suspender a cabalgata de Reis prevista para esta tarde.

Artigos relacionados

Back to top button