Lixeiro incremento no total de casos activos por Covid na Área do PAC de Trives, que inclúe aos concellos da Pobra de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. Neste venres 7 de xaneiro rexistra un total de 35 contaxios activos (datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18h. de onte), o que supón 5 máis que o pasado mércores.
Así Manzaneda ten 2 positivos (1 menos o pasado mércores) e mantense como o concello do PAC con menor número de casos activos. Pola súa banda, Trives sobe a 26 positivos, o que supón 6 menos que o pasado mércores; e San Xoán de Río mantense en 7 positivos, a mesma cifra que o pasado mércores.