SanidadeÚltima hora

Á Área Sanitaria de ourensá inicia a súa programación conmemorativa do Día do Libro

Todos os pacientes ingresados nos hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras recibirán na súa bandexa do almorzo un marcapáxinas ilustrado cos debuxos doutros pacientes

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras iniciou hoxe a súa programación conmemorativa do Día do Libro 2026, cun acto no que participaron representantes da Agrupación de Libreiros de Ourense e das distintas entidades e institucións colaboradoras, que fan posible levar a lectura a todos os pacientes ingresado,s ao longo do ano, e moi especialmente na festa do libro.

A principal novidade deste ano ven da man dos pacientes implicados no proxecto ArtEspida, das do Servizo de Psiquiatría en Piñor,  que cos seus traballos gráficos poñen imaxe este ano aos marcapáxinas que recibirán todos os pacientes ingresados, nos hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras na bandexa do almorzo de mañá 23 de abril, Día do Libro.

ArtEspida podería definirse como un obradoiro creativo vinculado ás Unidades de Hospitalización do Psiquiatría de Piñor, no que pacientes e profesionais colaboran na realización de traballos  artísticos como parte das actividades terapéuticas e de participación. Creando un espazos de libre creación, sen xuízos nin obxectivos pechados, nos que o relevante non é a obra final como produto, senón o lugar que a creación abre para cada persoa, posibilitando a súa expresión.

Colaboradores imprescindibles

A Agora do Hospital Universitario de Ourense acolleu esta mañá unha mesa divulgativa do conxunto de actividades orientadas a promover a lectura no ámbito asistencial, e a humanizar a estancia nos centros sanitarios, desde o carriño de préstamo móbil, que percorre as plantas de hospitalización;  aos recunchos de lectura nos centros de saúde, ás actividades na Escola de Pediatría, a doazón de libros, etc.

No acto participaron Silvia A. Paradelo e Verónica Civeira, directora médica e subdirectora de enfermería da Área Sanitaria; Sandra Quintas, directora territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; Javier Ibáñez, presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense; Vanessa Ventosinos, directora de márketin do grupo Apetéceme; e Beatriz Malmierca, supervisora da  Área Norte de ilunion.

A xefa do servizo de Atención ao Paciente e Humanización, Belén Piñeiro, destacou a colaboración dos presentes, así como a doutras institucións e entidades que contribúen a achegar a lectura aos hospitais e a manter activos os puntos de lectura, como a Deputación Provincial de Ourense, a Biblioteca Pública Nós e Galfor, así como a todas as persoas anónimas que doan exemplares e ás voluntarias que se encargan do coidado e mantemento destes espazos.

Maña tamén  distribuiranse os libros doados pola agrupación de libreiros, aos nenos e nenas ingresados nas unidades de hospitalización de Pediatría, e pola tarde cun obradoiro de   contacontos na Aula de Pediatría, coa colaboración de Eva Tato e de voluntariado da Cruz Vermella Xuventude.

Lectura e humanización

A promoción da lectura constitúe unha das actuacións desenvolvidas pola Área Sanitaria de Ourense no marco da humanización da asistencia. Nos últimos anos, nos tres hospitais públicos da mantense distintas accións para facilitar o acceso aos libros durante o ingreso, mediante a canalización de doazóns das distintas institucións ou organismos; puntos de lectura nas plantas;  préstamo móbil a través do carriño dos libros; así como distintas colaboracións con entidades sociais e culturais.

Para Belén Piñeiro estas iniciativas van mais alá da promoción “nun enfoque máis amplo, de acompañamento e benestar da persoa ingresada”. Asemade subliña o papel imprescindible do programa de voluntariado hospitalario  “xa que sen as voluntarias e voluntarios, asi como a colaboración de moitos profesionais” subliña “este tipo de actuacións serian imposibles de manter”. Tratase, explica, de “mellorar a experiencia do paciente e colaborar no desenvolvemento de actividades lúdicas que fagan máis levadeira unha situación de especial vulnerabilidade”.

Un recurso que acompaña durante o ingreso

A lectura no ámbito hospitalario achega beneficios especialmente relevantes en situacións de ingreso. A Organización Mundial da Saúde recolle que a incorporación das artes e da cultura á atención sanitaria pode favorecer resultados positivos nos pacientes, apoiar o benestar emocional e actuar como factor motivador na recuperación.

No caso concreto da lectura e da biblioterapia, a evidencia revisada en publicacións científicas describe efectos como a redución da ansiedade e do estrés, a mellora do benestar psicosocial, o apoio á comprensión do proceso de enfermidade e tratamento e unha maior humanización dos coidados, especialmente na poboación pediátrica.

 

Back to top button