O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollía esta mañá o acto de graduación de 12 novas enfermeiras especialistas formadas na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. Son cinco novas especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria, tres en Saúde Mental, dous en Pediatría e dous matronas que comezan desde hoxe a súa traxectoria profesional, a maioría na sanidade pública de Ourense.
Durante o acto, que presidiu a directora de Enfermaría, Josefa Rodríguez Araujo, destacou o valor estratéxico da incorporación das especialistas aos servizos de saúde: “En Galicia, o Servizo Galego de Saúde apostou decididamente pola incorporación das especialistas, e dispón dunha planificación que ten en conta o valor estratéxico da súa incorporación. Igualmente, desde esta Área Sanitaria de Ourense, comprometémonos a seguir ampliando a presenza das especialistas nos nosos centros de saúde e hospitais”.
Rodríguez Araujo subliñou que “todas as enfermeiras especialistas que actualmente exercen na área sanitaria fano en prazas directamente vinculadas á súa especialidade”, destacando o compromiso da dirección de enfermería coa especialización.
O acto contou coa presenza do xefe de estudos da Unidade Docente Multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria, Luis González, e do presidente da Comisión de Docencia, Jesús García Mata. En representación das novas especialistas, interveu a enfermeira Isabel Pereira, quen trasladou o orgullo da súa promoción por culminar esta etapa formativa e o seu compromiso coa mellora da atención sanitaria. Igualmente Pereira recibiu o premio a mellor residente.

Neste evento tamén se rendeu unha homenaxe a Florentina Vale, responsable de docencia de enfermaría, con motivo da súa próxima xubilación. Aínda que non puido asistir, as súas palabras foron lidas polo seu residente, Diego Carrizo, nun recoñecemento ao impacto da súa labor na formación de xeracións de profesionais, nesta oitava promoción de enfermería familiar.
Dos 12 novos especialistas, 9 (o 75%) permanecerán vinculados a Área Sanitaria de Ourense, traballando na atención primaria e hospitalaria da provincia, que continúa aumentando o seu persoal de enfermería especializado.
Neste intre mais 40 especialistas de Enfermería Familiar e Comunitaria exercen nos centros de saude da provincia; 28 de saúde mental, 13 de pediatría e 41 matronas, a especialidade decana.
