SanidadeÚltima hora

A área sanitaria ourensá sinala que “a cobertura ás mulleres de Valdeorras está plenamente garantida”

A xerencia da área tamén asegura que "a baixa da matrona de Atención Primaria non ocasionou problemas na cobertura das consultas, que se estaban a asumir co persoal do hospital"

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco asegúrase que a atención ás mulleres de Valdeorras está plenamente garantida. “O Distrito Sanitario de Valdeorras conta con oito matronas, todas elas con actividade no Hospital Público de Valdeorras: seis asignadas ao paritorio e dúas ás consultas, unha delas de Atención Primaria”.

Tamén se indica que “a baixa da matrona de Atención Primaria non ocasionou problemas na cobertura das consultas, que se estaban a asumir co persoal do hospital. Ademais, a Dirección de Enfermería e a Dirección do Hospital Público de Valdeorras coordináronse para retomar, desde a vindeira semana e coa frecuencia habitual, as clases de preparación ao parto”.

Finalmente, a área sanitaria ourensá sinala que “os traslados urxentes de mulleres embarazadas a Ourense son moi puntuais e non se incrementaron. Cando a matrona debe acompañar unha paciente nun traslado, o paritorio sempre queda atendido polo xinecólogo”.

Back to top button