
Leva un tempo afastada dos focos e das pasarelas nas que ten participado como modista, pero a artista barquense Marisú Miranda, residente en EE.UU. segue máis activa que nunca, sendo unha das finalistas do The People’s Artist, un concurso en liña de mellor artista do ano apoiado polo actor Jonny Deep.
“De USA pasan 20 e xa están abertas as votacións en Internet“, explica a propia Marisú que no seu proceso creativo sente a roupa “como a túa linguaxe subconsciente. Unha linguaxe que leo con fluidez. Cando pinto, vexo o tecido movéndose como parte de ti”.

“A arte non vive nunha caixa… a arte está en todas partes”, aseguran dende a organización do concurso convidando aos artistas a amosar a súa obra para ter a oportunidade de aparecer no Artforum Magazine, levarse 25.000 dólares e exhibir a súa obra nunha mostra exclusiva en The Art of Elysium.
Marisú Miranda, que crea ilustracións de moda inspirándose na cultura e nos tecidos das viaxes, asegura que de gañar o concurso crearía “un vestido mesturado con ilustracións en acuarela, a tamaño real e cunha forma de vestido con brazo extraíble en lenzo. Ilusión de traxes en forma de arte. Crearei un curso para futuros estudantes mesturando arte e moda”.
