EconomíaEconomíaÚltima hora

A asemblea de Asociación Empresarial de Valdeorras, en imaxes

 

A elección dunha nova xunta directiva, que daba relevo ao equipo presidido ata agora por Araceli Fernández del Palacio, era un dos puntos centrais da orde do día da asemblea que a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) celebraba na tarde do 13 de xuño no Pazo do Castro (O Barco).

 

 

Nesa asemblea resultaba elixido como presidente Carlos Manuel Terán Búa, que nos vindeiros catro anos estará á fronte dun equipo formado por unhas 18 persoas. Nesta xuntanza tamén se aprobaba a memoria de actividades da entidade, as súas contas e orzamento para este ano e, ademais, despedíase a Araceli Fernández.

A clausura corría a cargo do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos. Despois, os asistentes á asemblea desfrutaban dun cóctel con viños da D.O. Valdeorras, acompañados por variados e saborosos petiscos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Back to top button