CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A Asociación Aires del Cabrera de Pombriego conserva a tradición de cantar os Reis

 

Dende antigo é costume ir cantar os Reis nas datas de Nadal polas casas de Pombriego (León). Ademais nas vésperas de Reis íase cantar aos “padrinos”, con cantos específicas propias destas datas e nas que, en cada caso, se incluía o nome da persoa da casa durante a interpretación. A cambio, as persoas visitadas agasallaban á comitiva dos Reis con chourizos, androlla, e xa máis recentemente con cartos.

 

 

Unha tradición que hoxe se conserva grazas á Asociación Aires del Cabrera de Pombriego, que ademais fai visitas a localidades próximas, como é o caso de Sigüeya, na que acudían a cantar o 4 de xaneiro. Alí acudían á misa, xunto cos Reis, e interpretaban cancións polas casas.

Esta tarde, véspera de Reis, sairán de novo a cantar pero farano xa polas casas de Pombriego.

Fotos: Asociación Aires del Cabrera.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button