EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación de Gandeiros da Provincia de Ourense colabora coa achega de alimentos para o gando na comarca trivesa

Gando na serra, na comarca trivesa afectada polos lumes./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives informa que a Asociación de Gandeiros da Provincia de Ourense colabora coa achega de alimento para o gando, despois de que os recentes incendios arrasasen as reservas que debían servir para todo o ano. O Concello encargarase de facilitar o transporte deste alimento, co obxectivo de que chegue o antes posible a quen máis o precisa.

Dada a urxencia da situación, rógase a todos os gandeiros afectados que se poñan en contacto no teléfono 655 195 487 para coordinar a entrega.

Así mesmo, o Concello convocará nos vindeiros días unha reunión cos gandeiros para tratar esta situación, así como outras derivadas da perda de animais ou dos danos ocasionados e para o que estableceremos un plan conxunto de coordinación e recuperación.

Convocaremos distintas reunións por sectores afectados (viticultura, mel…etc) próximamente.
Entre todos e todas trataremos de axudar a repoñer o perdido nestes duros momentos.

Back to top button