
Dende a Asociación de Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Galicia vén de emitirse u comunicado para facer pública a súa demanda dunhas “condicións laborais dignas”. Así, os GES aseguran que son o “único servizo de Galicia competente na intervención en incendios forestais e urbans no rural galego, e non só nas sủas zonas de cobertura ordinaria, senón con movilidade en toda a comunidade autonoma, foron creados en 2013 e hoxe en día continúan funcionando gracias a un convenio de financiamento entre Xunta, Deputacións e concellos”.
Así mesmo dende a asociación sinálase que “dende o seu inicio, as distintas administración rexeitaron recoñecer a este persoal como bombeiros, a pesares das función que lles encomendan, eso implica que o persoal é maltratado con falta de EPIs e equipos de traballo, procedementos de traballo, plans de prevención de riscos, categoría e remuneración profesional (ata o punto de nóminas que apenas chegan ó SMI), coeficiente de reduccion da idade de xubilación, recoñecemento de enfermidades profesionais,.. E un largo etc. A todo isto, hai que sumar a precariedade do persoal, que a pesares de demostrar a súa relación laboral fixa coa Administración nos xulgados, nalguns casos viron desaparecer o seu servizo por vontades politicas, deixando zonas rurais sen atención (A Fonsagrada, Becerreá, Valga, Guitiriz, Cervo) e desperdiciando medios materiais que custaron iversións faraónicas e persoal formado e con experiencia en emerxencias, en tarefas municipais como a limpeza ou baldeo de rúas, facendo un uso mais que cuestionable da auga e dos vehículos de extinción que pagamos todos para a loita contraincendios”.
Por outra banda, a asociación indica no seu comunicadi que “estos días vemos o presidente da comunidade pedindo persoal e motobombas ao gobernó estatal, ¿cantas desas motobombas tan necesarias están a usarse por peóns dos concellos como material de limpeza? ¿Cantas están pudrindose en almacéns ou garaxes dos concellos, sen persoal para o seu uso acordado? ¿Donde está a protección dos servizos e persoal destes grupos de emerxencias, grupos supostamente permanentes, que cando demandan os seus dereitos son despedidos ou reubicados polos alcaldes de turno? Estes días a Ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Aagesen, decía que “non debería haber bomberos de primera y de segunda”, e instaba a que ‘as CCAA melloraran as condicións do seu persoal de extinción”. Na mesma liña se manifestaba a Vicepresidenta segunda e Ministra de Traballo, Yolanda Díaz, porque “non se pode protexer sen condicións laborais dignas, “Para protexer o noso medio ambiente e a nosa seguridade é necesario protexer os dereitos laborais” A cidadanía debe saber os desmanes que as administracións de Galicia están a realizar con est@s traballador@s e estes servizos, e esixir o seu dereito a ter uns servizos profesionais dignos. Preguntamonos ¿Qué mais ten que suceder? ¿Cuándo vai ser o momento?”.