CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno aborda novos retos para seguir impulsando a ruta xacobea

Celebraba a súa asemblea anual en Vilasante, no concello do Saviñao (Lugo)

 

Na xornada do mércores 17 de xuño celebrábase no Auditorio Municipal de Escairón en Vilasante, no concello do Saviñao (Lugo), a Asemblea Anual da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno  na que participaban varios concellos valdeorreses, entre eles O Barco e A Rúa.

No encontro de traballo os municipios integrantes aprobaron por unanimidade o informe de xestión, as propostas e as liñas de actuación para este ano. Durante a reunión avaliouse tamén o desenvolvemento do Plan de Actuación 2024-2027 e abordáronse “novos restos para seguir impulsando o Camiño de Inverno como unha ruta xacobea sostible, accesible e cun enorme valor cultural, patrimonial e turístico”.

A asemblea reafirma asi “o compromiso de colaboración entre administracións para continuar fortalecendo este histórico roteiro e consolidala como unha referencia para peregrinos e visitantes de todo o mundo”, din dende a asociación, asegurando que seguen camiñando xuntos para “facer do Camiño de Inverno unha oportunidade de desenvolvemento, identidade e futuro para os nosos territorios”.

 

Back to top button