Na xornada do sábado 21 de febreiro a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras, AMAVA, celebraba a súa asemblea anual na que renovaban os cargos da directiva incorporando un novo. Ramon Teira, presidente; Alberto Miranda, vicepresidente; Luis Manuel, secretario; e como novidade Mhoab da Sousa, tesoureiro. “Ademais de seis vogais que colaboran en diversas tarefas como a organización de eventos así como o coidado e xestión do local de ensaios”, explica o presidente.
El mesmo adianta que na reunión tratáronse outros temas como a decisión de reforzar a presenza do colectivo nas redes sociais cun canal de YouTube e unha páxina web propia.

“Adquírense 2 pedaleiras preamplificadas para guitarra e unha para baixo, así como recambios para micrófonos, cables e otras cousas menores”, di Teira, explicando que tamén comezaron a dar forma aos proxectos deste ano, que máis adiante anunciarán, para seguir fomentando a musica. “Charlamos acerca das jam session que seguen estando en auxe e a boa evolución das clases de batería (cada vez máis demandadas) e plantexámonos impartir e recibir formación doutros instrumentos e modalidades musicais”, di o presidente do colectivo que agradece a axuda dos socios máis involucrados na xestión da asociación, “tan necesarios nestos momentos nos que AMAVA está máis presente que nunca”.
Fotos cedidas.