ConcellosÚltima horaVilamartín

A Asociación de Veciños de Arcos (Vilamartín) pide que se limpe o arroio Farelos ao seu paso pola N-120

O arroio Farelos pasando baixo a N-120./ Foto cedida.

A Asocación de Veciños San Lourenzo de Arcos de Valdeorras (Vilamartín), vén de infomar de que rexistrou escritos dirixidos á de Estradas do Estado de Ourense e máis á Confederación Hidrográfica Miño – Sil, “perante a situación na que nos atopamos co río Farelos ao seu paso pola N-120, no punto kilométrico 458 + 500 aproximadamente”, logo dos graves incendios forestais rexistrados neste verán

Aseguran dende a asociación que deste xeito pretenden “alertar a estas dúas institucións pola acumulación de vexetación, máis dos propios arrastres naturais de pedras por mor da forza da auga en movemento, feitos que están a dificultar o transcurso do río Farelos cara a súa desembocadura no río Sil”.

En concreto, matizan os veciños, “a nosa demanda fundaméntase xa non só pola dificultade no paso da auga baixo a ponte na N-120, senón que despois dos incendios forestais do pasado mes de agosto e, cando as choivas cheguen con forza, van producirse arrastres principalmente de restos de madeira, producíndose unha posible entrada en carga na propia ponte, co peruizo que eso representa para os cementos máis os tableiros da ponte”.

Así mesmo, conclúen “non podemos esquecemos que a falta de rexeneración deste lugar implicaria un posibel desbordamento do río, conlevando a inundacións de fincas particulares, a acidentes en vivendas estrada abaixo, sen esquecernos da perigosidade para a propia circulación na N-120”.

Back to top button