CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación de Veciños do Castelo (Rubiá) gana o II Concurso de Espantallos “Os gardiáns das hortas”

 

O Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) vén de facer entrega esta tarde dos premios da segunda edición do Concurso de Espantallos “Os gardiáns das hortas”, na súa sede da Casa Grande de Viloira (O Barco).

Dun total de 13 obras presentadas, tres foron as seleccionadas polo xurado. Recibían un premio de 500€, 300€ e 200 €, para o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente. Estes eran os galardoados:

1º Premio – Asociación de Veciños de O Castelo, Rubiá

 

 

2º Premio – María José Vázquez Hernández

 

 

3º Premio – Colegio Diocesano Pablo VI – Fátima da Rúa

 

 

Unha cuarta obra resultou seleccionada no apartado infantil do concurso. O gañador foi Matías Fernández Venzal, que recibiu un diploma e un lote de libros pola súa participación.

 

 

Os concursantes que non obtiñan premio tamén recibían un diploma honorífico en agradecemento pola súa participación. Era o caso de Norma María Hernández, residente nos Estados Unidos; de Miguelanxo Fernández, do CEIP P. Virxe do Camiño de Rubiá; Naya Venzal, CEIP O Bolo, Álvaro Docampo, entre outros.

Fixeron entrega dos galardóns, Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco; Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV e outros membros da xunta directiva desta entidade

Blanco Trincado quixo agradecer ao director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, a materialización “deste vello proxecto, que ten como fin recuperar a antiga tradición dos espantallos, vixiantes das hortas e, ao mesmo tempo, compañeiros dos labregos durante as faenas do campo”, explicou.

Subliñou ademais, a “calidade artística e o inxenio dos participantes”, así como a gran concorrencia deles e a “ilusión de que un neno participase no concurso”, feito que desexou “poida ser o preludio de máis participación nos vindeiros anos”.

 

 

Exposición de espantallos

Coa entrega de premios, tamén se inaugurou hoxe a exposición que amosará todos os traballos presentados ao concurso, que estarán expostos no patio interior da Casa Grande ata o 31 de marzo, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Fotos: A.R.

Back to top button