
O vindeiro 28 de xuño, a Fundación INGADA celebrará a XI edición do Camiño da Diversidade, unha xornada moi especial que ten como obxectivo “reivindicar o patrimonio cultural de Galicia ao tempo que se promove o valor positivo da Diversidade”, tal como indican dende a organización, adiantando que este ano realizarán unha parte do Camiño de Inverno, desde o concello de Vilamartín de Valdeorras ata o concello da Rúa.
Serán uns 7 quilómetros “cheos de actividades, alegría e diversidade” nunha xornada que estiman sexa de 10:30 a 18 horas aproximadamente.
O custo da inscrición para participar no Camiño da Diversidade é de 5 euros sendo necesario cubrir o formulario e enviar o xustificante de pagamento a ingada.comunicacion@gmail.com antes do venres 27 de xuño ás 23:59 horas. Número de conta: ES63 2080 5480 9330 4012 9217.

O programa comezará cun acto de benvida na praza do Concello de Vilamartín de Valdeorras cunha actuación musical. Arredor das 13:30 horas haberá unha pausa intermedia con actividades para todos os públicos na prazas César Conti da Rúa.
O acto de clausurá será na Área Recreativa do Aguillón, arredor das 17 horas coa lectura do manifesto, música e actividades para todos os públicos.
Esta iniciativa solidaria conta coa colaboración da Asociación Cultural Sabugueiro da Rúa Vella.