CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación Sabugueiro volve buscar artistas para a V edición do seu particular ‘Got Talent’ que se celebrará nas festas da Rúa Vella

Imaxe de arquivo dunha edición anterior do “Got Talent” da Rúa Vella.

 

Logo de ter que suspender a que sería a IV edición o ano pasado por mor dos incendios que asolaron a comarca, a Asociación Sabugueiro retoma o seu particular “Got Talent”, un concurso de talentos dirixido a todos os públicos que se celebra no marco das festas de San Roque, na Rúa Vella.

Para participar, todo aquel que teña algún talento e queira ten que enviar ao 660 246 262 e antes do 15 de agosto, un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que demostre toda a súa arte. Os seleccionados actuarán o venres 21 de agosto no Campo de San Roque, no marco das festas deste ano.

Con respecto aos premios haberá tres por categoría. Na infantil (-13 anos): 1º premio de 100 euros (vale negocio local), 2º premio de 50 euros (vale negocio local) e 3º premio de 25 euros (vale negocio local); e na adulto (+13 anos): 1º premio de 300 euros, 2º de 150 e 3º de 75 euros.

Dado o éxito das anteriores edicións, dende a organización animan á xente a participar e pasar un bo rato. “Non o dubides e anótate”, din.

 

 

Back to top button