ConcellosÚltima horaVilamartín

A Asociación Veciñal de Arcos (Vilamartín) pide aos alcaldes de Valdeorras que se reúnan cos presidentes da Xunta e da CHMS para “estudar as medidas a tomar ante a situación de emerxencia ambiental”

Efecto dos arrastres tralo lume do ano pasado./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

“As consecuencias do gran incendio incendio forestal acontecido no 2025 e que arrasou miles de hectáreas na bisbarra de Valdeorras está pondo a proba aos concellos de Valdeorras, a uns máis que a outros, según o grao de afectación do gran incendio dentro do seu concello”, aseguran dende a AA.VV. San Lourenzo de Arcos, en Vilamartín de Valdeorras, asegurando que están a ollar como “algúns alcaldes de Valdeorras están esixindo á Xunta de Galicia a intervención desta administración para salvagardar as infraestructuras municipais, circunstancia que é sentido común”.

Asó pois, dende a asociación veciñal instan “aos concellos de Valdeorras, para que conxuntamente demanden unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela mais co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil (CHMS), José Antonio Quiroga Diaz, para facerlles chegar a situación de emerxencia da nosa bisbarra, aínda que a estas alturas de partido, deberían tér conecemento de todolas circunstancias”.

Aseguran que “é preciso a intervención da administración autonómica, con recursos económicos e técnicos necesarios para paliar os danos que o gran incendio forestal produciu, e que dende fai uns cantos meses estamos ollando como administracións locais veñen a consumir partidas orzamentarias para a recuperación de captacións de auga, melloras en infraestructuras de acceso as parroquias, e outras”.

Ademais, engaden, “a intervención da Xunta de Galicia deberá ir acompañada con traballos depregados pola Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, con competencias en materia de planificación hidrolóxica, xestión de recursos e aproveitamentos, xunto coa protección do dominio público hidráulico, por conseguinte, labouras encamiñadas á reconstrucción e rexeneración dos montes de Valdeorras, así como a propia delimitación dos cauces, conservación e restauración dos rios, evitando os arrastres de restos de corta de madeira, e posteriormente co restablecemento do ecosistema degradado”.

Estas tarefas “son indispensables para a recuperación dos ecosistemas, polo tanto, é de obrigado demandarlle aos nosos representantes políticos que inicien intervencións perante as administracións citadas”, conclúen dende a asociación veciñal.

Back to top button