ConcellosÚltima horaVilamartín

A Asociación Veciñal de Arcos (Vilamartín) pide ás administracións que inicien “a limpeza e saneamento” da zona afectada polo desbordamento

Imaxe de Arcos, tras o desbordamento do Farelos pola tormenta./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación de Veciños San Lourenzo de Arcos de Valdeorras, vén de informar, a través dunha nota de prensa, que rexistrou escritos dirixídos á Unidade de Estradas do Estado de Ourense e á Confederación Hidrográfica Miño – Sil, “perante a situación na que nos atopamos co río Farelos ao seu paso pola N – 120, no punto kilométrico 458 + 500 aproximadamente”.

Dende a asociación veciñal, explica o seu presidente, Jesús Dorado Noya, “vimos alertar da situación de desastre ambiental da zona cero do desbordamento, devastación que se producíu na tarde de onte, mércores 17 de xuño, por mor da tormenta torrencial que se deo na visbarra de Valdeorras, sendo a zoa de Arcos das máis afectadas. Entendemos que é urxente a intervención na zona do río Farelos por parte das administracións públicas para librarnos ou minimizar un posíbel desbordamento coma o que de producíu na tarde de onte”.

Explica ademais que se atopan “nas inmediciacións do pobo con moita madeira que foi arrastrada río abaixo, xunto con bastante lodo, por conseguinte, é necesario a realización de traballos para asegurar os bens dos propios veciños e veciñas do pobo de Arcos, así como tamén a circulación de vehículos que percorre a nosa área de influencia. A demora por parte das administracións públicas na realización destas labouras, poderá ocasionar novas perdas nos bens da veciñanza, por isto, instamos a estos organismos á pronta intervención para sanear a zona ceo do desbordamento, deixando de lado os procedementos administrativos que noutras ocasións conlevaría executar”.

Da mesma maneira, continúa o presidente, tamén “achegamos comunicación ao Concello de Vilamartín de Valdeorras, na cál rogamos que procedan a comunicarse cos dous organismos públicos para que as labouras de limpeza ou saneamento da zona ceo se inicien canto antes”.

Back to top button